Contacto: · ris3.gain@xunta.gal
Administración

Administración

Representantes de Consellerías, entidades instrumentais e diferentes departamentos do Goberno galego.

A primeira das pas da Cuádrupla hélice. Corresponde á Administración no seu conxunto. No caso da RIS3 Galicia, a Xunta de Galicia é o organismo de referencia, implicando tamén aos distintos departamentos da administración galega. Por definición, neste primeiro grupo encaixarían aqueles organismos e representantes das distintas entidades, en canto á súa importancia na toma de decisións, posta en marcha de iniciativas e programas e a súa función de altofalantes de cara ás demais pas da hélice.

A Axencia Galega de Innovación (Gain) é o organismo que articula a coordinación e planificación do proceso de co-deseño da Estratexia de Especialización Intelixente. Este modelo é similar a doutras comunidades autónomas, que teñen nas súas axencias de innovación rexional o organismo encargado de implementar a RIS3, aínda que existen outros modelos diferentes.

 

  • Data Decembro 10, 2014
  • Tags cuádrupla hélice

Proxectos Relacionados