Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

RIS3 GALICIA 2021-2027
A ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE

“Ris3” é o acrónimo creado pola Comisión Europea que significa:
Research and Innovation Strategy for Smart Specialisation

Galicia. Innovación. Especialización.

A Especialización Intelixente é a estratexia global de Galicia para mellorar a competitividade, o crecemento económico e o emprego sostible e de calidade a través da innovación. Busca impulsar proxectos innovadores que redunden no benestar cidadán. Os galegos e as galegas podemos definir o futuro de Galicia formando parte activa do co-deseño da RIS3.
Un requisito de Europa

A RIS3 Galicia 2021-2027 é a condición habilitante para poder acceder aos fondos estruturais europeos. Ademais é a estratexia integral para todas as actuacións da I+D+i en Galicia que marcarán a competitividade e o crecemento da economía galega.

Investimentos extraordinarios

Ante a mobilización extraordinaria de investimentos da Unión Europea é fundamental para Galicia aproveitar de forma intelixente os fondos e converter o actual marco xeral nunha oportunidade de transformación do modelo produtivo e de crecemento.

A Axencia Galega de Innovación

A Xunta de Galicia confire unha importancia capital a este programa europeo e a Axencia Galega de Innovación (Gain) é un dos axentes clave desta liña estratéxica rexional no seu papel de coordinación e planificación do proceso de co-deseño da RIS3.

AS GRANDES NOVIDADES

A RIS3 é vector condutor da trasformación do modelo produtivo no marco das novas prioridades, tanto nacionais como europeas, coas que é preciso estar aliñados.
SUSTENTABILIDADE

Unha das grandes novidades para este novo período 2021-2027 é a importancia da variable SUSTENTABILIDADE. É un concepto clave e transversal a todas e cada unha das actuacións previstas.

GOBERNANZA

Existe un importante avance no modelo de GOBERNANZA. Houbo un reforzo no modelo de apoio á I+D+i. A co-creación e a co-gobernanza ou gobernanza participativa é o eixo fundamental de actuación.

RESULTADOS

A obtención de RESULTADOS é fundamental. Así o procedemento de avaliación das políticas de I+D+i intégrase plenamente no modelo de apoio como outro dos elementos primordiais.

I+D+i

O período 2021-2027 da Estratexia de Especialización Intelixente é o da consolidación da orientación transversal da Investigación, o Desenvolvemento e a Innovación, conceptos centrais da RIS3.

AS NOVAS PRIORIDADES

As grandes liñas estratéxicas que marcarán as diferentes estratexias das rexións europeas estarán axustadas ás áreas clave deste período 2021-2027.

A EUROPA DO PACTO VERDE

Enerxía limpa e accesible

Economía circular

Transición industrial xusta

Mobilidade sustentable

Edificios sustentables

Alimentación e agricultura xusta, saudable e limpia

Biodiversidade

A EUROPA DIXITAL

Fortalecer a base económica da Unión Europea

Facilitar a transición ecolóxica

Reforzar a competitividade mundial da Unión Europea

Asegurar a soberanía dixital da Unión Europea

Crear emprego e desenvolver as capacidades dixitais

Mellorar a vida da cidadanía