Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

RETOS E PRIORIDADES

Os 3 grandes retos que marcan o futuro de Galicia

A nivel estratéxico, o proceso participativo permitiu establecer a priorización para unha especialización intelixente e sustentable identificando retos compartidos por todos. A priorización establécese a partir dos 3 grandes retos da RIS3 20214-2020 e das 3 prioridades identificadas polos axentes para 2021-2027, resultando a definición dunha visión e misión da estratexia, 5 obxectivos e 5 programas.
RETO 1: Xestión innovadora de recursos naturais e culturais

Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da innovación mellorando a eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido.

Reto 2: O modelo industrial da Galicia do futuro

Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais

Reto 3: Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo

Posicionar a Galicia como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.

PRIORIDADE 1

SUSTENTABILIDADE

Desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sostibilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando ademais oportunidades para a diversificación cara produtos sostibles competitivos internacionalmente e mellorando o benestar das persoas.

Prioridade 2

DIXITALIZACIÓN

Apoio á tecnificación e dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego e a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

 

 

PRIORIDADE 3

PERSOAS

Orientación dos esforzos en I+D+i cara aos retos da sociedade en Alimentación, Saúde e Envellecemento Activo, convertendo a Galicia nunha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e testeo de novas oportunidades científico-tecnolóxicas e empresariais: Galicia Living Lab.

 

24 ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN PRIORIZADOS

A Estratexia de Especialización Intelixente implementa as 3 grandes prioridades en cada un dos 3 grandes retos dando lugar aos 24 ámbitos de intervención priorizados
Consulta o documento coas pre-misións da RIS3 Galicia