Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

DIAGNÓSTICO E DESAFÍOS

Galicia, referente en innovación

Galicia abordou unha profunda diagnose do ecosistema de I+D+i, do contexto socio-económico e das tendencias de especialización das cadeas de valor. Realizou un amplo e rigoroso traballo de análise sobre máis de 200 documentos de referencia, estatísticas de I+D+i, económicas, empresariais e socio-demográficas. Recolleuse a experiencia e coñecemento dos axentes do ecosistema galego con máis de 600 inputs e revisáronse os marcos de apoio actuais e os postos en marcha no período 2014-2020. As conclusións desta fase de diagnose contribuíron a fundamentar a orientación da especialización das actividades de investigación e innovación da RIS3 2021-2027.

AS NOSAS FORTALEZAS

A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia aséntase sobre diversos puntos forte que a caracterizan e definen
ECOSISTEMA I+D+i

Un ecosistema de I+D+i maduro e diversificado cunha base forte sobre a cal enfocar os esforzos.

EXCELENCIA

Nivel de excelencia en certos ámbitos de investigación e tecnoloxía, froito do percorrido logrado en canto á especialización (SUG).

MARCA GALICIA

Moi ben situada a nivel nacional e europeo en canto a calidade e sustentabilidade.

ENTORNO SINGULAR

Características singulares do entorno que non se poden replicar noutros territorios, incluídos os recursos naturais, culturais e patrimoniais.

MASA CRÍTICA

E capacidades de I+D+i en sectores empresariais recoñecidos a nivel internacional.

POSICIONAMENTO

Bo posicionamento de EBTS en sectores críticos a futuro vinculados á dixitalización e á sustentabilidade.

EXPERIENCIA

A RIS3 2014-2020 como referencia a nivel nacional e europeo. Experiencia na definición de políticas de I+D+i.

IDENTIDADE

Capital social e identidade forte e diferenciada.

As nosas oportunidades

Galicia afronta o período 2021-2027 con grandes expectativas e unha folla de ruta clara en materia de innovación. As oportunidades que se lle plantexan son clave
NICHOS DE OPORTUNIDADE

Múltiples nichos de oportunidade na totalidade das cadeas de valor: potencialidades na hibridación das cadeas de valor tradicionais entre si coas solución de dixitalización e sustentabilidadenas que Galicia pode ser un “living-lab”.

COOPERACIÓN PÚBLICO-PRIVADA

Ante a mobilización extraordinaria de investimentos da Unión Europea é fundamental para Galicia aproveitar de forma intelixente os fondos e converter o actual marco xeral nunha oportunidade de transformación do modelo produtivo e de crecemento.

INTERESE E MOBILIZACIÓN

Dunha boa parte do sistema de I+D+i galego en torno á RIS3 e interese manifestó en participar na implementación, incluíndo a colaboración interdepartamental.

POSIBILIDADES DE FINANCIAMENTO

Aumento das posibilidades de financiamento a curto prazo como consecuencia do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, e a longo coa Estratexia “Green Deal” ou o programa Horizonte Europa.

AS NOSAS DEBILIDADES

A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia tamén ten identificadas aquelas áreas nas que concentrar esforzos.
INTEGRACIÓN DO SISTEMA

Un menor nivel de integración no sistema en relación ás rexións máis avanzadas.

APLICABILIDADE DA EXCELENCIA

Dualidade entre a excelencia en certas áreas de investigación e o nivel de aplicabilidade vinculado ás necesidades reais da maioría das empresas.

INFORMACIÓN SOBRE CAPACIDADES

Insuficiente nivel de información sobre as capacidades reais do sistema, tanto entre a oferta como sobre todo a demanda.

CONSOLIDACIÓN ASIMÉTRICA

Unha asimetría en torno ao nivel de consolidación (I+D+i, competitividade, masa crítica, etc.) dos diferentes segmentos da cadea de valor e por tipoloxía de empresa (grande vs pequena).

ESCALABILIDADE LIMITADA

Necesidade dunha maior escalabilidade nas empresas e unha falta de cultura polo crecemento.

INVESTIMENTO EN ++D+I

Insuficiente nivel de investimento en I+D+I, especialmente por parte das empresas.

MARCO NORMATIVO

Existen notables rixideces normativas e administrativas na implementación dos apoios.

ATRACCIÓN E RETENCIÓN DE TALENTO

Insuficiente capacidade para atraer e, sobre todo, reter talento e persoal cualificado, e aínda menor peso da muller na I+D+i.

As nosas ameazas

Galicia tamén está alerta por aquelas variables externas que poden afectar, dun ou doutro xeito, ás previsións establecidas para o presente período.
PARTICIPACIÓN ESIXIDA

A crecente esixencia de participación a nivel internacional e europeo en redes de interese.

DEEP TECH

Impacto previsible das Deep Tech (solucións baseadas en desafíos científicos) nos campos de dixitalización, sustentabilidade e saúde e benestar para Galicia.

COMPETENCIA

Previsible incremento da competencia en investigación e innovación, a atracción de talento e os investimentos a nivel europeo nos que Galicia pode ter potencial (sustentabilidade e dixitalización aplicadas e retos sociais vinculados á saúde).

VELOCIDADE NOS CAMBIOS

A progresiva velocidade dos cambios a nivel internacional que dificulta a incorporación de tecnoloxías e coñecementos disruptivos e fronteira a un ritmo axeitado para manter a competitividade.

DESAFÍOS DA RIS3 2021-2027

Os grandes desafíos da nova Estratexia Especialización Intelixente estrutúranse en torno a 5 eixos principais.

Relativos á oferta

  • Fortalecer a oferta
  • Facer máis visible e accesible a oferta de coñecemento
  • Articular e dotar de coherencia as capacidades da oferta: investigación e sinerxías
  • Equilibrar e conectar a investigación non orientada e a aplicada
  • Promover o aliñamento cara as necesidades do mercado

Relativos á demanda

  • Incrementar o número de empresas que fan innovación
  • Apoiar todas as etapas da innovación empresarial: itinerarios
  • Estender a cultura da innovación no tecido empresarial
  • Profesionalizar a I+D+i nas empresas
  • Incrementar a colaboración entre as empresas e os centros de coñecemento

Relativos ás cadeas de valor

  • Completar os segmentos ausentes nas cadeas de valor
  • Incorporar etapas de transformación (maior valor engadido) nas cadeas de valor
  • Sistematizar a colaboración entre os segmentos e actores das cadeas de valor
  • Estender e aproveitar as solucións de sustentabilidade e dixitalización ao longo das cadeas de valor

Relativos ás persoas

  • Xerar unha contorna favorable tanto para a atracción como para a retención de talento
  • Capacitar ás persoas nos nichos de oportunidade a futuro
  • Asegurar un relevo xeracional baseado na innovación e nas capacidades requiridas a futuro
  • Avanzar na paridade da muller no ámbito da I+D+i

Relativos ao posicionamento no mundo

  • Atraer investimento privado e público para a I+D+i, que complemente os recursos de Galicia
  • Incrementar a participación en redes, consorcios e programas de índole nacional, europeo e internacional
  • Diferenciar Galicia como contorna de testeo (“living-lab”) en nichos nos que pode ser referente a nivel internacional