Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

INNOVACIÓN SOCIAL

A innovación impacta directamente na vida de todas e todos nós. Na elaboración da RIS3 estamos a sumar esforzos e capacidades para que a investigación e a innovación permitan, de xeito planificado, continuar coa transformación de Galicia cara un modelo de crecemento baseado no coñecemento que garanta un futuro cheo de oportunidades e nos transforme nunha sociedade máis resiliente.

Con este obxectivo, a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia para o período 2021-2027 está aberta á participación de todos os galegos e galegas.

Convidamos ao conxunto da cidadanía a tomar parte deste proceso.

ENQUISA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Enquisa pechada. Gracias por participar.

 

Envíanos as túas propostas para a RIS3 2021-2027

Cada galego e galega forma parte do ecosistema de I+D+i, polo que a opinión de cada un de vós é importante no proceso de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027.

Convidámoste a aportar as túas propostas a través do seguinte formulario.

    Confirmo ter lido e estar dacordo coa política de privacidade de Ris3 Galicia.

    A nosa folla de ruta

    A nova RIS3 marcará a nosa folla de ruta e o noso modelo nesta década, garantindo o acceso aos fondos europeos e propiciando unha concentración dos recursos da innovación en sectores estratéxicos e con potencial de crecemento.

    A Estratexia de Especialización Intelixente abránguenos a todos e a todas nós porque baséase no conxunto global da sociedade, do tecido empresarial, dos centros de coñecemento e das administracións, xa que xuntos podemos acordar cara onde queremos focalizar as nosas fortalezas onde imos situar as nosas oportunidades.