Empresas
Clusters, asociacións empresariais, grandes empresas tractoras, pemes e startups.
A terceira pa da hélice corresponde a todo o tecido empresarial de Galicia. Neste amplo e heteroxéneo grupo teñen cabida desde as grandes firmas, con proxección nacional e internacional ata os pequenos emprendedores e emprendedoras. Todas as empresas, independientemente da súa talla e/ou número de traballadores, encaixan nesta categoría. O importante para a RIS3 é que son axentes intimamente ligados á realidade dos seus sectores, que coñecen e aproveitan as súas potencialidades e teñen ben identificadas as fortalezas e oportunidades dos mercados.
As startups, as pemes, as grandes empresas e mesmo aqueles conglomerados asociativos empresariais son fundamentais para unha correcta Estratexia de Especialización Intelixente.
- Data Decembro 10, 2014
- Tags cuádrupla hélice