Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

RETOS E PRIORIDADES

Os 3 grandes retos que marcan o futuro de Galicia

A nivel estratéxico, o proceso participativo permitiu establecer a priorización para unha especialización intelixente e sustentable identificando retos compartidos por todos. A priorización establécese a partir dos 3 grandes retos da RIS3 20214-2020 e das 3 prioridades identificadas polos axentes para 2021-2027, resultando a definición dunha visión e misión da estratexia, 5 obxectivos e 5 programas.
RETO 1: Modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación

Modernizar os sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e o rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

Reto 2: Modelo industrial baseado na competitividade e no coñecemento

Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través das Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais e a evolución das cadeas de valor.

Reto 3: Modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo da poboación

Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

PRIORIDADE 1

SOSTIBILIDADE

Desenvolver e aplicar as diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sostibilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia,
xerando ademais oportunidades para a diversificación cara produtos sostibles, competitivos internacionalmente e que melloren o benestar das persoas.

Prioridade 2

DIXITALIZACIÓN

Apoiar a dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

 

PRIORIDADE 3

ENFOQUE CARA ÁS PERSOAS

Orientar os esforzos en I+D+i cara as necesidades e o benestar das persoas, e consolidación de Galicia como unha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e testeo de novas oportunidades e solucións innovadoras dirixidos a elas.

 

ÁMBITOS DE PRIORIZACIÓN

A Estratexia de Especialización Intelixente implementa as 3 grandes prioridades en diferentes ámbitos de priorización
Consulta o documento coas pre-misións da RIS3 Galicia