GOBERNANZA
A Xunta de Galicia convidou a participar neste proceso a clústeres e empresas, investigadores, centros de investigación, universidades, centros tecnolóxicos, público de interese, asociacións de consumidores, ONGs e outros axentes, así como á cidadanía a través de diferentes formatos.
Os procesos de implementación, de seguimento e avaliación están estreitamente relacionados ao desenvolverse de forma paralela ao longo de todo o período. Desta forma constitúen un mecanismo para a mellora continua do desenvolvemento da estratexia.
O aspecto clave a desenvolver durante o período de vixencia da estratexia é o mantemento activo e continuado do proceso de descubrimento emprendendor cos axentes da cuádruple hélice, tanto públicos como privados.
Para materializar este despregue do PDE, o sistema participativo estrutúrase en torno a grupos de traballo por prioridade, coa posibilidade de establecer subgrupos cando o volume de traballo ou a súa complexidade así o requiran.
A través destes grupos garantízase a participación activa e continuada dos axentes tanto no deseño e implementación dos instrumentos da RIS3, como no seu seguimento e avaliación. Ademáis, debe garantirse que a RIS3 se manteña actualizada de acordo á evolución da realidade socioeconómica, así como tecnolóxica.
Un elemento específico cunha grande importancia nesta estratexia son as misións. Estas teñen como obxectivo aliñar recursos e capacidades para conseguir un efecto tractor e xerar un impacto concreto na I+D+i, asegurando a transversalidade e o carácter estratéxico dos proxectos.