Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

EVENTOS

AS PERSONAS, PROTAGONISTAS

O proceso de elaboración da RIS3 foi realizado por e para as persoas. Con este enfoque os protagonistas foron os representantes das cadeas de valor, de Universidades e centros de coñecemento, da Administración e, máis implicada que nunca, tamén a cidadanía.

II Foro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027

Máis de 250 representantes das diferentes cadeas de valor participaron de forma activa no foro de peche do proceso participativo para a elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027. No evento compartíronse os resultados e as conclusións da que será a folla de ruta que guiará a innovación galega nos próximos anos.
Os principais protagonistas do evento foron os representantes das cadeas de valor que colaboraron na elaboración da RIS3, que relataron a súa experiencia no proceso participativo e aportaron a súa visión sobre a concentración de recursos en torno ás misións. Tamén o público asistente participou de forma activa nesta fase final do proceso de elaboración da Estratexia, aportando a súa opinión nun espazo interactivo.

Festival de Innovación Social de Ares

O concello de Ares converteuse durante dúas semanas no escenario dun gran festival destinado a achegar a cultura da innovación a cidadáns e cidadás de todas as idades. Talleres, exposicións, charlas, música, danza, pintura, artesanía… Un espazo no que tivo un papel protagonista a nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 e no que os cidadáns tiveron a oportunidade de facer unha reflexión compartida sobre os retos sociais, económicos e ambientais da Galicia dos próximos anos.

I Foro da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027

O evento que supuxo o inicio do proceso participativo para a elaboración da RIS3 Galicia 2021-2027 tivo lugar en decembro de 2020 baixo o lema “A Especialización Intelixente para transformar Galicia xuntos”.
Establecéronse os seguintes obxectivos para o proceso participativo: priorizar de xeito consensuado os investimentos en Galicia en investigación, desenvolvemento e innovación en base ás nosas fortalezas, capacidades e oportunidades; identificar conxuntamente os elementos principais da estratexia, como a visión, os retos, as prioridades, os obxectivos e os instrumentos de apoio; e impulsar a colaboración público-privada e o investimento privado en I+D+i.