Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

OBXECTIVOS E PROGRAMAS

Obxectivos estratéxicos e programas

Os obxectivos estratéxicos para a RIS3 2021-2027 de Galicia, establécense a partir da diagnose de situación, tendo en conta as capacidades existentes no territorio tanto dende o ámbito científico-tecnolóxico como empresarial e as tendencias nacionais e internacionais. A fin última será avanzar na especialización intelixente rexional dando resposta aos desafíos aos que Galicia ten que facer fronte nos próximos anos. Cada obxectivo articúlase a través dun Programa que recolle o conxunto de instrumentos, medidas e servizos que se van poñer en marcha en Galicia.
Acadar un ecosistema máis aberto e integrado

Acadar un ecosistema máis aberto e integrado

Acadar un ecosistema máis aberto e integrado

PROGRAMA INTEGRA

Consolidar unha oferta de I+I avanzada, integrada, ordenada e aliñada coa especialización capaz de dar resposta aos retos da dixitalización e a sustentabilidade.

Equilibrar excelencia e aplicabilidade para o mercado

Equilibrar excelencia e aplicabilidade para o mercado

Equilibrar excelencia e aplicabilidade para o mercado

PROGRAMA INNOVA E EMPRENDE

Incrementar o número de empresas innovadoras, facilitar que as máis pequenas incorporen a innovación nas diferentes etapas do seu proceso produtivo a partir de proxectos individuais e/ou en colaboración.

Completar as cadeas de valor xerando resiliencia

Completar as cadeas de valor xerando resiliencia

Completar as cadeas de valor xerando resiliencia

PROGRAMA COMPLETA E TRANSFIRE

Impulsar a definición e posta en marcha de proxectos transformadores e de impacto a través da colaboración e transferencia entre os diferentes axentes público-privados de Galicia.

Desenvolver as capacidades das persoas

Desenvolver as capacidades das persoas

Desenvolver as capacidades das persoas

PROGRAMA PERSOAS E TALENTO

Apostar polas persoas como activo principal para abordar as prioridades de especialización de Galicia.

Aproveitar a marca Galicia para posicionarse tamén na I+D+i

Aproveitar a marca Galicia para posicionarse tamén na I+D+i

Aproveitar a marca Galicia para posicionarse tamén na I+D+i

PROGRAMA POSICIONA

Sentar as bases que impulsen a maior colaboración e presenza na contorna nacional, europea e internacional de empresas, axentes e administración.