Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

GOBERNANZA

Implementación efectiva das Estratexias de Especialización Intelixente
A elaboración da RIS3 Galicia estase a levar a cabo cun enfoque de gobernanza participativa. Neste sistema implicamos aos axentes do ecosistema de I+D+i para descubrir e identificar de maneira conxunta as actividades, sectores e tecnoloxías capaces de xerar oportunidades e cambios estruturais para Galicia.
Este proceso realizouse cun enfoque inclusivo, coa participación activa, colectiva e continua dos diferentes axentes: tecido empresarial, sector público, centros xeradores de coñecemento e cidadanía.

A Xunta de Galicia convidou a participar neste proceso a clústeres e empresas, investigadores, centros de investigación, universidades, centros tecnolóxicos, público de interese, asociacións de consumidores, ONGs e outros axentes, así como á cidadanía a través de diferentes formatos.

O modelo de gobernanza da RIS3 de Galicia para o período 2021-2027 parte do modelo da estratexia anterior, fortalecendo o Proceso de Descubrimento Emprendendor xa esbozado no período 2014-2020 e outorgando maiores funcións aos actores participantes. Este modelo foi aprobado na Comisión Interdepartamental de I+D+i o 17 de decembro de 2021, previa aprobación polo grupo técnico da comisión o 12 de novembro de 2021.

Os procesos de implementación, de seguimento e avaliación están estreitamente relacionados ao desenvolverse de forma paralela ao longo de todo o período. Desta forma constitúen un mecanismo para a mellora continua do desenvolvemento da estratexia.
O aspecto clave a desenvolver durante o período de vixencia da estratexia é o mantemento activo e continuado do proceso de descubrimento emprendendor cos axentes da cuádruple hélice, tanto públicos como privados.

Para materializar este despregue do PDE, o sistema participativo estrutúrase en torno a grupos de traballo por prioridade, coa posibilidade de establecer subgrupos cando o volume de traballo ou a súa complexidade así o requiran.

A través destes grupos garantízase a participación activa e continuada dos axentes tanto no deseño e implementación dos instrumentos da RIS3, como no seu seguimento e avaliación. Ademáis, debe garantirse que a RIS3 se manteña actualizada de acordo á evolución da realidade socioeconómica, así como tecnolóxica.

Un elemento específico cunha grande importancia nesta estratexia son as misións. Estas teñen como obxectivo aliñar recursos e capacidades para conseguir un efecto tractor e xerar un impacto concreto na I+D+i, asegurando a transversalidade e o carácter estratéxico dos proxectos.