Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

Consulta ciudadana

INNOVACIÓN SOCIAL

A innovación impacta directamente na vida de todas e todos nós e o acceso aos fondos europeos é fundamental para xerar benestar social e económico para as persoas. Na elaboración da RIS3 estamos a sumar esforzos e capacidades para que a investigación e a innovación permitan, de xeito planificado, continuar coa transformación de Galicia cara un modelo de crecemento baseado no coñecemento que garanta un futuro cheo de oportunidades e nos transforme nunha sociedade máis resiliente.

Con este obxectivo, a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia para o período 2021-2027 está aberta á participación de todos os galegos e galegas.

Convidamos ao conxunto da cidadanía a tomar parte deste proceso.

ENQUISA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

No seguinte enlace atoparás unha sinxela enquisa coa que poderás participar de forma activa na definición das prioridades de Galicia no futuro.

PARTICIPA

A nosa folla de ruta

A nova RIS3 marcará a nosa folla de ruta e o noso modelo nesta década, garantindo o acceso aos fondos europeos e propiciando unha concentración dos recursos da innovación en sectores estratéxicos e con potencial de crecemento.

A Estratexia de Especialización Intelixente abránguenos a todos e a todas nós porque baséase no conxunto global da sociedade, do tecido empresarial, dos centros de coñecemento e das administracións, xa que xuntos podemos acordar cara onde queremos focalizar as nosas fortalezas onde imos situar as nosas oportunidades.