Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

Mesas participativas (ES)

UNHA VISIÓN COMPARTIDA
DA GALICIA QUE QUEREMOS SER

Require da participación activa, consensuada e continuada dos diferentes axentes

A FERRAMENTA CLAVE DA PARTICIPACIÓN

O desenvolvemento da RIS3 baséase nun amplo proceso participativo e inclusivo que busca a colaboración de todos os axentes clave de Galicia: Empresas, Centros de coñecemento públicos e privados, Administracións e Sociedade, a chamada “cuádrupla hélice” da Innovación.

Como parte deste modelo constituíronse mesas de participación nas que os asistentes teñen a oportunidade de contribuír coas súas aportacións na identificación das oportunidades, nichos de mercado do tecido produtivo galego en torno á I+D e á Innovación.

UN ENFOQUE INCLUSIVO

Con este proceso de diálogo e de construción conxunta definiremos follas de ruta, obxectivos compartidos e prioridades de futuro para Galicia, adaptando ou reorientando a Estratexia actual. Decidiremos tamén sobre os mellores instrumentos de apoio que deben impulsarse para acadar máis investimentos e maior impacto na nosa Comunidade na próxima década.

Os ámbitos temáticos das mesas identificáronse a partir dos resultados dun diagnóstico que se realizou coa análise da RIS3 14-20, da súa avaliación, da actualización de datos e estatísticas de máis de 200 fontes, e de preto de 230 entrevistas e cuestionarios en liña e reunións de traballo coas Consellerías e distintos departamentos da Xunta de Galicia sobre tendencias, desafíos e oportunidades.

As mesas da RIS3 Galicia

Estas mesas de traballo transversais servirán tamén para que o proceso participativo se manteña no tempo, incorporando aos seus participantes tamén nas futuras evaluacións da RIS3, de forma que formen parte da Estratexia en todo o período 2021-2027.

1ª Rolda das mesas

7 e 9 de xuño de 2021

2ª Rolda das mesas

16 e 22 de xuño de 2021

3ª Rolda das mesas

Próximamente

Unha Estratexia conxunta

Son 4 grandes grupos clave que participan na identificación das potencialidades e que serán beneficiarios dos avances que esta estratexia leva aparellados:
competitividade, xeración de emprego de calidade, transformación económica e social, fomento da I+D+i, retención e captación de talento…