Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

RIS3 2014-2020

RIS3 GALICIA
2014-2020

A Orixe da RIS3 GALICIA

En Galicia iniciamos nos últimos anos un camiño cara a transformación do noso modelo económico e social e impulsamos un crecemento baseado nas persoas e intensivo en coñecemento.

Froito dese esforzo naceu a RIS3 2014-2020, unha Estratexia de Especialización Intelixente para Galicia que buscou aproveitar as nosas capacidades nunha serie de ámbitos económicos, científicos e tecnolóxicos para xerar impacto económico no noso territorio e promover a creación de emprego a través de proxectos innovadores e con retorno social.

Galicia protagonizou en 2013 un proceso que buscaba aproveitar as súas grandes capacidades:

Económicas

Galicia experimentou nos últimos anos un dos seus mellores ciclos económicos, con empresas e sectores nos que esta Comunidade Autónoma é claro referente.

Científicas

A aposta polo desenvolvemento en ciencia e investigación é un dos claros referentes da folla de ruta do Goberno galego.

Tecnolóxicas

Sen dúbida a innovación e a tecnoloxía son dúas das grandes bases que sustentan a Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 Galicia.

Reto 1

Valorización dos recursos do mar; Modernización da acuicultura; Modernización agrogandeira, pesqueira e forestal; Mellora da obtención de enerxía (recursos naturais) e Modernización do Turismo e das Industrias Culturais e Creativas (ICC).

Reto 2

Diversificación dos sectores industriais tractores; Mellora da  competitividade industrial; e Impulso da economía do coñecemento.

Reto 3

Envellecemento activo e Alimentación saudable e segura.

Consulta a Estratexia de Especialización Intelixente 2014-2020 de Galicia.