Contacto: · ris3.gain@xunta.gal

Resultados obtenidos

AVALIACIÓN INTERMEDIA

No ano 2019 avaliouse o desenvolvemento da RIS3 2014-2020 desde o seu inicio ata decembro de 2018.
883
Millóns € EN AXUDAS
1440
MILLÓNS DE € EN INVESTIMENTOS
4330
AXUDAS DIRECTAS

Os detalles do procedemento

O Sistema de Avaliación definido para a RIS3 Galicia permitiu identificar se foron acadados os obxectivos definidos, así como detectar os acertos e áreas de mellora co fin de propoñer recomendacións para a execución e seguimento da estratexia. A RIS3 analízase mediante o uso combinado de fontes cualitativas e cuantitativas, entre as que destacan:
Cuestionarios aos beneficiarios

A participación colectiva no proceso de definición da Estratexia de Especialización Intelixente é clave. Para poder chegar ao maior número posible de participantes habilítanse distintas canles como cuestionarios e enquisas.

Asesoramento externo

A RIS3 Galicia conta con expertos técnicos que aseguran que o procedemento sexa reglado, que se axuste aos preceptos esixidos polas autoridades europeas e que faga real a gobernanza participativa.

Talleres cos axentes

As mesas sectoriais, os focus group e os encontros dos distintos axentes da innovación permiten un traballo conxunto en distintos sectores para obter unha análise global e precisa do marco xeral, aportando solucións clave.

A elaboración da RIS3 Galicia 2014-2020 marcou un antes e un despois no enfoque das políticas de I+D+i en Galicia como punto de partida para consolidar unha industria forte, modernizar o noso tecido empresarial, crear emprego de calidade e mellorar o benestar dos galegos e galegas. Entre as leccións aprendidas deste período destacan:

Económicas

A RIS3 2014-2020 estivo baseada nun amplo proceso participativo, pero para conseguir que se manteña ao longo de todo o proceso de implementación da Estratexia e suscite por igual o interese entre os diferentes axentes, faise preciso un maior esforzo na difusión e comunicación, focalizándoo naqueles sectores que máis o precisan: as pemes e a sociedade.

Científicas

Temos que especializarnos máis e mellor. Precisamos unha Estratexia máis transversal que impulse a colaboración entre os axentes de diferentes ámbitos establecendo complementaridades e sinerxías entre as diferentes prioridades.

Tecnolóxicas

Unha visión integral e unha implementación coherente e coordinada. A RIS3 foi asumida pola Xunta de Galicia como a estratexia integral de I+D+i para Galicia, situando baixo un só paraugas todas as actuacións que neste ámbito tiñan impacto en Galicia, independentemente de quen as xestionase. Isto veu acompañado dunha evolución positiva dos indicadores de I+D+i en Galicia. Galicia recuperou os niveis previos á crise do 2008 e acurtou distancias coas rexións máis innovadoras.

As leccións aprendidas

A experiencia colleitada e os avances e resultados obtidos nesta primeira experiencia son a base sobre a que se asenta o novo período 2021-2027:

Manter a implicación activa de todos os axentes da innovación; Difundir, comunicar e informar mellor; Reforzar o marco de especialización; Dar respostas adaptadas e adecuarse ás tendencias globais para aproveitar oportunidades.

Consulta o documento completo da Avaliación Intermedia

OS TALLERES DO ANO 2019

Desenvolvéronse 3 talleres correspondentes aos 3 grandes retos da Avaliación Intermedia.